Concello de Sanxenxo - ALUMNOS DO IES DE VILALONGA REALIZAN UNHA VIAXE FORMATIVA A XENEBRA E ITALIA PARA COÑECER OS AUTOMÓBILES DO FUTURO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A delegación, composta por 25 alumnos e tres docentes, foi recibida polo alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez

Alumnos do IES de Vilalonga do Ciclo Medio de Electromecánica e do Ciclo Superior de Administrativo viaxaron este luns a Xenebra, Suiza, para asistir ao Salón Internacional do Automóbil e coñecer as últimas tendencias e modelos de coches das principais marcas do mercado. "Trátase de que os alumnos estean en contacto coas principais marcas do mercado e poidan coñecer de primeira man as últimas novidades", explica Rafael Domínguez, profesor que acompaña á delegación vilalonguesa formada por 25 alumnos e dous docentes máis.

Durante a mañá de onte foron recibidos polo alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez, galego que está á fronte do goberno da cidade suíza. Durante a recepción explicáronlles o modelo de goberno e agasalláronlles cun ágape e recordos da cidade. Durante a xornada de hoxe está previsto que acudan ao Salón Internacional do Automóbil no Palexpo. A cita volve a Xenebra tras tres ano celebrándose en Qatar.

O salón organiza a exposición en varias zonas ou áreas temáticas: Adrenaline Zone, dedicada aos vehículos de maiores prestacións; Design District, dedicada a todo o relacionado co deseño do automóbil; Mobility Lab, centrada na innovación sobre mobilidade sustentable; e Classic Gallery, onde se exporán unha trintena de coches clásicos, a metade dos cales foron presentados en Xenebra no seu momento como primicia mundial. A exposición recibe o nome de "100 años de iconos", coincidindo co 100 aniversario deste evento.

Mañá está previsto que viaxen a Italia para coñecer as fábricas de marcas tan importantes como Ferrari, Lamborghini, Ducati e Pagani para coñecer os distintos procesos de fabricación.

0
0
0
s2sdefault