Concello de Sanxenxo - RÉCORD DE PARTICIPACIÓN NOS DESFILES DE ENTROIDO QUE SE CELEBRARÁN ESTE DOMINGO EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concurso de Parodias previsto o sábado suspéndese do mesmo xeito que o Baile de Disfraces de Maiores debido ás previsións de choiva e vento

Máis de 1.500 persoas está previsto que percorran este domingo as rúas de Sanxenxo nos desfiles Infantil, pola mañá, e Adulto, pola tarde. O mal tempo obrigou a aprazar ambas as citas para este domingo con marca de inscricións. Con todo, o cambio de data provocou que os inscritos no Concurso de Parodias, previsto para o sábado, se deran de baixa o que obrigou a cancelar a cita.

Nesta edición increméntase a contía dos premios ata os 13.265 euros. O Desfile Infantil celebrarase ás 12 horas, con catro categorías e o Desfile de Adultos a partir das 16:30 horas con seis categorías. O Desfile Infantil, que premiará aos cinco primeiros de cada categoría, bonificará con 120 euros ao mellor disfrace individual, 150 euros á mellor parella, con 200 euros ao mellor grupo de 3 a 10 persoas e con 500 euros ao mellor grupo de máis de 10 compoñentes.

En canto ao Desfile de Adultos os primeiros premios serán de 200 euros na categoría individual, 300 euros en parellas, 500 euros nos grupos de ata oito compoñentes, 800 euros nos grupos de 9 a 20 compoñentes, 1.700 euros na categoría fantasía de máis de 20 integrantes e 2.200 euros na categoría de grupos de máis de 20 compoñentes.

Doutra banda, o Baile de Disfraces de Maiores, aprazado para este sábado, suspendeuse debido ás previsións de choiva e vento.

0
0
0
s2sdefault