Concello de Sanxenxo - SANXENXO ASISTE Á FEIRA INTERNACIONAL DE SEGURIDADE PARA COÑECER AS ÚLTIMAS NOVIDADES NO SECTOR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Xoán Manuel Pérez, e a xefa da Policía Local de Sanxenxo, Luisa Fariña, e o responsable do servizo Emerxencias Sanxenxo, Antonio Folgada, asistiron durante a xornada de onte á Feira Internacional de Seguridade (Sicur) celebrada en Madrid para coñecer os últimos avances no sector da seguridade e de emerxencias. "É un escaparate que nos dá a coñecer todas as novidades en materia de seguridade e emerxencias e dános a posibilidade de seguir mellorando nos nosos servizos municipais", asegura Xoán Manuel Pérez.

Sicur é o gran referente internacional en España da seguridade. Cada dous anos, reúne en Madrid a empresas, asociacións, profesionais e usuarios da seguridade global nos ámbitos público e privado. A innovación e o desenvolvemento tecnolóxico son os grandes protagonistas deste encontro profesional que aborda a seguridade integral desde cinco grandes áreas (Security, ciberseguridad, seguridade contra incendios e emerxencias, seguridade laboral), co obxectivo de seguir favorecendo o benestar e o desenvolvemento social.

0
0
0
s2sdefault