Concello de Sanxenxo - PRETO DE 600 ESCOLARES PARTICIPAN COS SEUS DEBUXOS NO CONCURSO "A MASCOTA DA AUGA"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O xurado reuniuse esta mañá no Pazo de Emilia Pardo Bazán para valorar os traballos entregados

 Preto de 600 escolares dos colexios da Florida, Magaláns, O Cruceiro, Portonovo, Nantes e O Telleiro participan no concurso "A mascota da auga". O obxectivo é facer partícipe aos máis novos coa creación dunha imaxe que represente a importancia de realizar un consumo responsable dun ben escaso como a auga.

O xurado formado pola profesora do Centro de Arte, María Vázquez; a técnica de Medio Ambiente, Mela Méndez; a ilustradora de contos, Yoli Martínez, e Paula Hernández, responsable de Comunicación de Espina e Delfín, reuníronse esta mañá no Pazo de Emilia Pardo Bazán para valorar os traballos e decidir o gañador. A concelleira de Educación, Nati Parada, agradeceu a alta participación dos centros educativos na proposta. "A implicación tanto do alumnado como dos docentes é clave para acadar esta participación", indicou.

O nome do gañador ou gañadora darase a coñecer o 22 de marzo coincidindo co Día Mundial da auga. O debuxo seleccionado para ser a mascota da auga recibirá un vale de 100 euros e o colexio onde estea matriculado o alumno ou alumna gañadora recibirá unha charla ou taller sobre o ciclo integral da auga. Ademais, haberá un premio para o colexio con maior porcentaxe de participación en función da súa matrícula de 150 euros. Os vales poderán trocarse nos establecementos comerciais de Sanxenxo adheridos a CCU Entretendas.

O debuxo gañador converterase na imaxe de boas prácticas ambientais do municipio como é o aforro de auga e a reciclaxe. O xurado destacou esta mañá a calidade dos debuxos presentados, así como a orixinalidade.

 

0
0
0
s2sdefault