Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PORÁ EN MARCHA UN TALLER DE TECNOLOXÍA STEM PARA NENOS E NENAS DE 6 A 12 ANOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O Concello de Sanxenxo porá en marcha, do 25 ao 27 de marzo, un taller de tecnoloxía STEM, modelo educativo que ensina conxuntamente ciencia, tecnoloxía, matemáticas dende o enfoque da enxeñería, é dicir, deseño e construción de obxectos e sistemas que resolvan un problema.

Mediante a creación de modelos Lego fomentarase a creatividade dos/das nenos/as participantes e a asimilación de conceptos teóricos de ciencia, enxeñería e tecnoloxía.

Este taller está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e ten un prezo de 15 €. A actividade impartirase no Pazo Emilia Pardo Bazán de 10 a 13 horas. As prazas serán limitadas.

A inscrición, que poderá facerse ata o 18 de marzo, realizarase no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo de calquera das seguintes maneiras:

  • Presencial na Casa do Concello (Avda. Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo).
  • Na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal). Para iso será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autenticación Cl@ve.

A formalización da inscrición supón a obrigatoriedade de pago do taller. Remitirase o recibo para o pago por correo electrónico. Para máis información, pode chamar ao teléfono 986 727 936.

 

 

0
0
0
s2sdefault