Concello de Sanxenxo - AS INTENSAS CHOIVAS DERRUBAN PARTE DUN MURO DUNHA VIVENDA NA PRAIA DA CARABUXEIRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Yago Torres, visitou esta mañá o lugar e ordenou precintar o acceso á zona por seguridade

Sanxenxo, 9 de abril de 2024.- As intensas choivas rexistradas nas últimas semanas provocaron a caída de parte dun muro dunha vivenda na praia da Carabuxeira. O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Medio Ambiente, Yago Torres, acudiron esta mañá ao lugar cun técnico municipal e a Policía Local para comunicar á dona do inmoble o perigo do estado da súa propiedade. Ademais, Martín puxo en coñecemento de Costas de Pontevedra a situación e ordenou ao servizo municipal de Emerxencias precintar o acceso á zona por motivos de seguridade. Na parcela anexa á vivenda hai xa tempo que o muro que sostiña a terra foi cedendo durante os temporais do inverno. A situación agora entraña máis perigo xa que o muro non só sostén o xardín frontal da vivenda senón tamén unha edificación usada como almacén ou garaxe.

Cabe lembrar que o Concello de Sanxenxo leva tramitando desde o 2018 en Costas a recuperación da fachada marítima desta zona do litoral cunha pasarela que permita o acceso público e comunique a praia da Carabuxeira, Lavapanos e Panadeira. No último informe emitido por Costas incídese que en que neste momento só sería posible a instalación dun paseo de tipo desmontable ou de carácter fixo en servidume de tránsito que, na actualidade, está ocupada por diversos peches e edificacións que ocupan seis metros da servidume de tránsito polo que se se decide facer un paseo fixo terá que ser mediante cesións voluntarias ou expropiacións.

Un proxecto que se inclúe dentro da recuperación do areal con outras dúas actuacións: A construción dun espigón rampla perpendicular á praia (unindo as rocas existentes) de case 100 m x 2,34 m de ancho para evitar a perda de area e a achega de 17.000 m3 de area procedentes da contorna da actuación que se suman aos 10.000 m3 depositados en maio de 2021 e 3.000 m3 máis en Lavapanos.

Actuacións que requiren unha longa tramitación que, entre outros trámites, inclúe unha avaliación ambiental e a solicitude ante o Servizo Provincial de Costas dos títulos de ocupación necesarios para realizar o tres actuacións previstas.

0
0
0
s2sdefault