Concello de Sanxenxo - O CONSELLO DE TURISMO DEU LUZ VERDE ESTA MAÑÁ ÁS LICITACIÓNS DE ACONDICIONAMENTO, LIMPEZA DE ASEOS E SERVIZOS EN PRAIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A sesión aprobou sacar a concurso a xestión e explotación da Feira de Artesanía de Sanxenxo este verán en Fonte de Ramos

Sanxenxo, 11 de abril de 2024.- O Consello de Turismo de Sanxenxo, presidido polo alcalde, Telmo Martín, deu luz verde esta mañá ás licitacións do acondicionamento, limpeza de aseos e servizos en praias para a posta a punto dos areais este verán. A sesión aprobou tamén sacar a concurso a xestión e explotación da Feira de Artesanía de Sanxenxo este verán en Fonte de Ramos, do 15 de xullo a 9 de setembro.

Sanxenxo volve apostar un ano máis pola limpeza dos aseos das praias cada hora e media, un servizo a todo risco que inclúe a retirada de pintadas, así como a limpeza interior e exterior do baño. Os traballos darán comezo a partir do 15 de xuño realizarase como mínimo seis veces ao día durante os sete días da semana. O horario de apertura será de 11:00 a 21:00 horas. O contrato sae a licitación por un ano por 71.513 euros.

En canto ao mantemento e acondicionamento de praias, as zonas de actuación concéntranse nas praias máis concorridas do termo municipal de Sanxenxo, como son: Sagunto, Pampaído, Santa Mariña, Area de Agra, Areas, Palacios-Barreiros, Grileira, Lavapanos, A Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Nª Sra. Lanzada, Areas Gordas, A Lapa e O Espiñeiro-A Lanzada. As actuacións previstas son reparacións, reposicións e pintados de varandas de protección, lasurado de valados, escaleiras e ramplas; reposición de elementos rotos ou deteriorados nos módulos de aseos e casetas de socorrismo, así como a reparación e reposición de accesos ás praias (escaleiras, ramplas...)

Durante o consello de Turismo, aprobáronse as prórrogas das Q de Calidade, as bandeiras azuis, quiosco, surf/paddle, parque acuático de Baltar e salvamento e socorrismo. Volverase a sacar a concurso os quioscos, tumbonas e hidropedales de Canelas e Montalvo por un ano ao quedar desertas estas dúas prazas.

0
0
0
s2sdefault