Concello de Sanxenxo - SANXENXO REFORZA OS SERVIZOS DE LIMPEZA, MANTEMENTO E SEGURIDADE CIDADÁ COA INCORPORACION DE 172 PERSOAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As novas contratacións son cada vez son máis longas, ata seis e nove meses, polo incremento de visitantes máis aló do período estival

Sanxenxo, 12 de maio de 2024.- As concellarías de Medio Ambiente e Servizos e Seguridade Cidadá multiplican o persoal coa incorporación de 172 persoas. Nalgúns casos xa están a traballar, noutros se incorporarán esta semana ou o mes que vén. A duración dos contratos vai crecendo cada ano polo incremento da actividade turística. Do tres meses no caso do persoal das praias (limpeza e socorristas) e a maioría dos auxiliares de policía até o seis e, mesmo, nove meses nalgún caso do persoal de mantemento, obras, xardíns, electricistas e parte dos auxiliares de policía.
As 172 persoas que constitúen o reforzo distribúense:

  •  A concellaría de Servizos e Obras conta cun persoal fixo de 16 traballadores que se reforza con 55 persoas para labores de mantemento, coidado de praias, xardíns e electricistas.
  •  A concellaría de Seguridade Cidadá conta cun persoal fixo de 34 persoas entre a policía local e o servizo de emerxencias. Sanxenxo dispón de policía as 24 horas os 365 días do ano, algo pouco habitual en concellos similares en poboación.
  • O reforzo da seguridade cidadá inclúe:
    - 34 auxiliares de policía
    - 80 socorristas e sanitarios
    - 3 persoas de emerxencias para reforzar a campaña de incendios

O Concello fai un esforzo importante de gasto no persoal eventual, aínda que conta coa colaboración doutras administracións, como a Deputación a través do plan "Máis provincia" e a Xunta de Galicia.

0
0
0
s2sdefault