Concello de Sanxenxo - UN BAILE NA PRAZA DE VILALONGA ESTE DOMINGO SÚMASE Á PROGRAMACIÓN PARA MAIORES DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



A actividade lúdica dará comezo ás 20 horas coa actuación do grupo Tic Tac

Sanxenxo, 18 de maio de 2024.- A Praza Pública de Vilalonga acollerá este domingo un baile que se sumará á programación municipal para maiores en Sanxenxo. A Concellaría de Servizos Sociais e Maiores, dirixida por Paz Lago, organiza esta nova actividade, en colaboración cos clubs de xubilados do municipio, que dará comezo ás 20 horas coa actuación do grupo Tic Tac.
Pensando nos maiores do municipio, o Concello conta cun Taller de Memoria no que participan 130 usuarios repartidos en 8 grupos: Sanxenxo, Portonovo, Noalla, Vilalonga ,Adina, Bordóns, Dorrón e Nantes. No taller, ademais das fichas de atención e memoria, realizan distintos tipos de actividades: Campionato de Billarda, concurso de sobremesas e disfraces de Entroido, Campionato de Petanca e chaves, celebracións de días especiais: Día da Paz, Día da Muller..., saídas culturais, charlas de distinta índole e diversos talleres polo uso de móbil e novas tecnoloxías. Os obxectivos do taller son fomentar a autonomía dos participantes, previr a deterioración de aspectos afectivo-cognitivos, desenvolver e alimentar os aspectos cognitivos. En definitiva, facer máis fácil e levadía a súa vida cotiá e fomentar a interrelación e o coñecemento da contorna. Ademais, o Taller de Memoria colabora con colectivos como a AECC e en distintos programas municipais como as actividades do CIM.
O outro polo de actuación municipal dirixido aos maiores é a actividade física e deporte para xubilados e cónxuxes. Unha actividade que leva desenvolvendo desde hai 25 anos con éxito de participantes. Están inscritos un total de 185 maiores das distintas parroquias que realizan actividades en seco, campo de fútbol de Baltar ou pavillón, e en piscina. Durante as clases trabállase a resistencia, a forza, a flexibilidade e a hixiene postural. Ademais, da orientación, o equilibrio e a coordinación.

0
0
0
s2sdefault