Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ASUME A REPARACIÓN DO MURO QUE CAEU POLAS CHOIVAS NA PRAIA DE CANELAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación terá un custo de 4.708 euros e prevese que conclúa a próxima semana

Sanxenxo, 20 de maio de 2024.- O Concello de Sanxenxo asumiu a reposición do muro de contención da praia de Canelas, que caeu tras as intensas choivas e que estaba a degradar o espazo dunar. O custo da actuación será de 4.708 euros e prevese que conclúa a próxima semana. Os traballos deron comezo nos últimos días.
Esta reparación na praia de Canelas sumarase á actuación xa prevista por parte do Concello coa que pretende mellorar a entrada ao areal. Para isto, o goberno solicitou unha subvención para proceder á recuperación do sistema dunar da praia, así como para eliminar a circulación rodada da súa contorna e potenciar e mellorar o acceso peonil á mesma. Así se instalará unha pasarela de acceso á praia para persoas con mobilidade reducida e para limitar a presenza de tráfico rodado na contorna do espazo natural.
A actuación que pretende levar a cabo o Concello consta nun proxecto que rolda os 40.000 euros de orzamento e, para levalo a cabo, o Goberno local opta á liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, á que xa presentou devandito proxecto.

0
0
0
s2sdefault