Concello de Sanxenxo - A ACTUACIÓN NO BOULEVARD DE PORTONOVO ENTRA NA SÚA RECTA FINAL COA CONSTRUCIÓN DA ROTONDA DA PERLA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A glorieta rebasable na confluencia de Travesía Areal e Rúa Benitiño xa está executada e a iluminación xa está en funcionamento

Sanxenxo, 20 de maio de 2024.- A obra do boulevard de Portonovo encara a súa fase final coa construción da rotonda da Perla que está previsto iniciar esta semana. Nos últimos días executouse a glorieta rebasable na confluencia de Travesía Areal e a Rúa Benitiño, púxose en funcionamento a iluminación e procedeuse ao asfaltado de dous tramos. A actuación estará totalmente concluída no mes de xuño co mobiliario e o axardinamento.

O deseño proxectado tamén inclúe a renovación dos servizos coa instalación das canalizacións subterráneas para o cableado de telefonía e para a electricidade que substituirán os actuais tendidos aéreos e a renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais.

O proxecto de reforma da estrada da Lanzada ascende a 2,3 millóns de euros. O seu financiamento leva a cabo cun acordo coa Consellería de Infraestruturas, que asume o 70 % do custo, mentres que o resto achégao o Concello de Sanxenxo.

A actuación supón unha profunda mellora do corazón comercial de Portonovo. Céntrase nun tramo de 810 metros e o obxectivo é conseguir que nesta vía gañen protagonismo as persoas fronte aos vehículos.

0
0
0
s2sdefault