Concello de Sanxenxo - ESCOLARES DO ABRENTE E PORTONOVO VISITAN A PRAZA DE PORTONOVO DENTRO DA CAMPAÑA "QUERE O TEU MERCADO"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Alumnado dos colexios da Florida e de Nantes visitarán este xoves o mercado de Sanxenxo

Sanxenxo, 21 de maio de 2024.- Dentro da iniciativa "Quere o teu mercado", escolares dos colexios Abrente e Portonovo visitaron esta mañá a praza de abastos de Portonovo para coñecer de primeira man os distintos postos de venda de produtos frescos como o peixe, marisco, froita, verdura e carne. No percorrido, estiveron acompañados das concelleiras de Educación, Nati Parada, e da edil de Economía, Facenda e Persoal, Paula Martínez. Alumnado da Florida e de Nantes visitarán este xoves o mercado de Sanxenxo dentro da mesma actividade.

No marco desta campaña, o Concello organiza un concurso "Coñece o teu mercado" dirixido ao alumnado de 5º de Primaria no que deben responder a un cuestionario que se entrega ao finalizar a visita e enviar unha foto cun prato cociñado con produtos do mercado. Entregaranse dous premios por centro educativo, un total de 8. Ademais, este sábado, 25 de maio, sortearanse 5 nasas con produtos delicatessen entre as persoas que fagan compra nos mercados de abastos do municipio durante esta semana.

0
0
0
s2sdefault