Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACOLLE O I SIMPOSIO DE COOPERACIÓN TURÍSTICA INTERNACIONAL CON MÁIS DE 47 PAÍSES REPRESENTADOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, inaugurou as xornadas celebradas no Gran Talaso Hotel Sanxenxo entre hoxe e mañá

Sanxenxo, 29 de maio de 2024.- Máis de 47 países reúnense en Sanxenxo no I Simposio de Cooperación Turística Internacional celebrado no Gran Talaso Sanxenxo. A cita organizada pola Asociación para a Cooperación e o Desenvolvemento Turísticos (Asicotur) debateron onte e hoxe sobre o futuro do sector turístico. Este simposio ten como obxectivo reunir a expertos da industria, académicos e partes interesadas para discutir o futuro do sector turístico e compartir historias de éxito da cooperación internacional, buscar novas solucións ao redor da medición dos esforzos realizados (indicadores) e a visibilización daqueles destinos que necesitan da cooperación internacional ao desenvolvemento.
O alcalde, Telmo Martín, acompañado do concelleiro de Turismo, Juan Deza, acudiu á primeira hora da tarde de onte ás xornadas para inaugurar a cita. "Sanxenxo é o primeiro destino do norte de España no verán en base a tres parámetros: Gastronomía, patrimonio e paisaxe. A este tridente súmase a modernización e reforma da nosa rede de aloxamentos que realiza o sector turístico", explicou.
Durante esta xornada debaterase sobre Modelos de aceleración e ecosistemas de apoio en América latina, a Innovación de impacto social: mitos e realidades e proxectos de innovación turística: Oportunidades sustentables para Costa Rica, Arxentina e Mozambique. Tamén se abordará o tema "Como facer dos produtos, servizos e destinos sustentables, experiencias de carácter rexenerativo". Durante a xornada de mañá, realizarase unha ruta turística polo patrimonio natural e cultural de Pontevedra e logo haberá unha conferencia sobre "Fondos dispoñibles da UE para fomentar a economía circular e o turismo: proxecto FU-TOURISM". Tamén se tratarán os avances na educación, a investigación turística e a medición de resultados.

0
0
0
s2sdefault