Concello de Sanxenxo - SANXENXO CELEBRA A SÚA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE E PERFILA O DISPOSITIVO PARA A CAMPAÑA ESTIVAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, e o subdelegado do goberno, Abel Losada, copresidieron a reunión que tivo lugar no salón de plenos

Sanxenxo, 5 de xuño de 2024.- O salón de plenos do Concello de Sanxenxo acolleu esta mañá a Xunta Local de Seguridade que estivo copresidida polo alcalde, Telmo Martín, e o subdelegado do goberno, Abel Losada. Durante o encontro ao que asistiu o coronel da Garda Civil, Simón Venzal; a xefa da Policía Local, Luisa Fariña; o responsable de Emerxencias de Sanxenxo, Toño Folgada; a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero; o inspector xefe da Policía Autonómica, Diego González, e o capitán xefe de Tráfico, Antonio Pérez, abordouse, entre outras cuestións, o dispositivo de seguridade para a campaña estival, así como os reforzos nos distintos corpos durante os meses de xullo e agosto cando Sanxenxo incrementa de forma notable a súa poboación.

Tras a reunión, o alcalde destacou a "boa disposición e a colaboración" por parte da Subdelegación do goberno. "Estou satisfeito porque Sanxenxo é un lugar seguro polos datos que manexamos e iso é moi importante para un destino turístico como somos nós", asegurou. O subdelegado, Abel Losada, incidiu en que os datos de infraccións do último cuadrimestre "mostran unha caída do 7,5% respecto ao mesmo período do ano pasado e iso é un bo sinal. Ao igual que as vítimas de violencia de xénero".
Durante a xunta local tamén se abordou o seguimento do plan director parala convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna. O subdelegado pediu a colaboración do Concello de Sanxenxo para difundir este plan entre as asociacións de pais e nais do municipio para que participen nas charlas sobre contornas dixitais e os seus riscos. Unha actividade que desde 2017 realiza a Garda Civil respondendo a unha demanda dos centros educativos e á que tamén convidan a sumarse á Policía Local. O Concello brindou a súa total colaboración.

0
0
0
s2sdefault