Concello de Sanxenxo - CONCELLO DE SANXENXO E ESPINA & DELFÍN ORGANIZAN UNHA XORNADA DE LIMPEZA NO RÍO PINTILLÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 5 de xuño de 2024.- Coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, Espina & Delfín e o Concello de Sanxenxo organizan este sábado, 8 de xuño, unha xornada voluntaria de limpeza no río Pintillón (Dorrón), entre as 10:00 e as 13:00 horas. O obxectivo desta actividade é recoller os residuos que se poidan atopar e retirar unha planta clasificada como especie exótica invasora, a Tradescantia fluminensis.

As persoas voluntarias que estean interesadas en participar poden anotarse na oficina municipal de Medio Ambiente de Sanxenxo, a través do teléfono 986 744 909 ou o email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Durante o percorrido, os voluntarios estarán acompañadas de expertos medio ambientais que axudarán a identificar a planta invasora para poder retirala. Os organizadores proporcionarán todo o material necesario para a limpeza. Recoméndase ás persoas voluntarias levar roupa adecuada.

Esta acción está englobada nas actividades ambientais que Espina & Delfín levará a cabo no Concello de Sanxenxo, recollidas no contrato do servizo municipal da auga. A primeira acción foi o concurso de debuxo entre os escolares onde se escolleu á mascota da auga que se utilizará como imaxe das distintas iniciativas.

0
0
0
s2sdefault