Concello de Sanxenxo - O PORTO JUAN CARLOS I INCREMENTOU UN 40% O NÚMERO DE PRAZAS DE ALUGUER NO QUE VAI DE ANO RESPECTO DE 2023
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As reservas para o mes de agosto teñen lista de espera e para xullo están ao 50% de ocupación

Sanxenxo, 7 de xuño de 2024.- A demanda de prazas de aluguer de embarcacións no porto deportivo Juan Carlos I creceu no que vai de ano un 40% respecto das cifras rexistradas en 2023. A boa tendencia do ano mantense na época estival co 100% das prazas cubertas no mes de agosto, mesmo con lista de espera, e co 50% da ocupación en xullo. No caso das prazas de motos de auga, para o mes de xullo están ao 90% e para agosto ao 100%.

En canto ao tránsito, durante o primeiros cinco meses do ano, recalaron no porto xestionado pola empresa municipal Nauta Sanxenxo un total de 74 embarcacións de 15 países diferentes. Ademais de contar con 34 barcos de bandeira española, elixiron este porto 15 franceses, 6 ingleses, 2 belgas, 1 canadense, 1 caimanés, 3 daneses, 1 alemán, 3 irlandeses, 1 italiano, 1 marshalés, 3 neerlandeses, 1 noruegués e 1 sueco. As cifras supoñen un incremento do 5,8% respecto de 2023.

O porto conta cunha superficie total de máis de 123.000 metros cadrados e as súas instalacións comprenden unha lámina de auga de 90.000 metros cadrados, 450 puntos de amarre e máis de 25.000 metros cadrados de espazo peonil. A empresa municipal que xestiona o porto, Nauta Sanxenxo, continúa percibindo o interese crecente polo aluguer de amarres para todo o ano, especialmente de barcos de eslora de máis de 12 metros, é dicir, iates xa dunha certa envergadura e tamaño.

Esta prórroga da concesión está vinculada a unha serie de proxectos que redundarán na mellora da fachada marítima de Sanxenxo, como son o proxecto Batea en Terra e a reordenación da lámina de auga, que non suporán custo algún para as arcas municipais.

0
0
0
s2sdefault