Concello de Sanxenxo - O PARKING DE NAUTA RECADOU EN MAIO 36.660 EUROS, A FACTURACIÓN MÁIS ALTA NESTE MES DESDE A SÚA APERTURA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 10 de xuño de 2024.- As cifras de recadación no parking de Nauta seguen en ascenso o que supón un bo termómetro da actividade económica do municipio. Tras un ano de marca, o pasado mes de maio o aparcadoiro público facturou 36.660 euros, o dato máis alto desde a súa apertura neste mes. Unhas cifras que se conseguen, a pesar de que se mantén, desde o ano 2020, dúas horas de estancia gratuítas para os veciños empadroados no municipio, co obxectivo de facilitar as súas xestións e compras no centro da localidade. Unha vantaxe da que xa gozan máis de 3.000 veciños e veciñas.

Durante o pasado mes de maio, o parking rexistrou un total de 10.852 tránsitos cunha media diaria de 350 vehículos por día e unha estancia media de 50 minutos. Os maiores picos de facturación en maio producíronse os fins de semana, empezando os venres e até o domingo.

Cabe lembrar que o parking público Nauta Sanxenxo pechou 2023 cunha nova marca de recadación, 637.688 euros, a cifra máis alta desde a súa apertura. Os meses de maior facturación coincidiron cos meses de agosto (186.285 €), xullo (135.326 €), setembro (60.436 €) e xuño (53.648 €).

As instalacións dispoñen dun total de 584 prazas repartidas na planta pública interior (206), a exterior (200) e o parking privado (178)

0
0
0
s2sdefault