Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REPARTIRÁ 40.000 EUROS ENTRE OS COLECTIVOS DO MUNICIPIO PARA INCENTIVAR PROPOSTAS CULTURAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



A concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, presentou onte as bases a un total de 41 colectivos no salón de plenos

Sanxenxo, 11 de xuño de 2024.- Promover e incentivar propostas culturais no tecido asociativo do municipio e apoiar as programacións de colectivos locais. Eses son os obxectivos que se perseguen coa convocatoria de subvencións que se porá en marcha, por primeira vez, desde a Concellería de Cultura e Eventos, dirixida por Elena Torres, dotada con 40.000 euros, e que onte pola tarde se presentou no salón de plenos ante representantes de asociacións locais.

As actividades obxecto da subvención teranse que desenvolver desde o 1 de novembro de 2023 ata o 31 de outubro deste ano. Os beneficiarios deberán ser asociación sen ánimo de lucro válidamente constituída e inscrita no rexistro municipal, realizar actividades de carácter cultural no municipio, non estar incurso en ningún suposto de incapacidade ou incompatibilidade, estar ao corrente das obrigacións tributarias e cumprir cos requisitos da Lei Xeral de Subvencións.

As actividades ou programas subvencionables serán as actividades culturais en todas as súas vertentes e as festas etnográficos, tradicionais e de valor histórico e cultural. Con todo, non poderá ser sufragado con cargo a esta subvención os gastos derivados da organización dunha festa gastronómica, as viaxes de lecer, a realización de obras, os gastos de funcionamento e gastos correntes da entidade, os gastos de instrumentos e vestiarios, ou as actividades subvencionadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias municipais.

O importe da subvención non poderá superar en ningún caso o 80% do proxecto. O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria. "Queremos apoiar os proxectos culturais que xa se están facendo, pero tamén animar ao resto de colectivos a promover a nosa cultura con diferentes actividades nas distintas parroquias do noso concello", apunta Elena Torres.

0
0
0
s2sdefault