Concello de Sanxenxo - A OBRA DA PLATAFORMA ÚNICA EN SANXENXO CONCLUIRÁ ESTE VENRES CUN TOTAL DE 144.000 ADOQUÍNS AZUIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un equipo formado por 8 persoas encárgase de instalar manualmente as pezas nunha superficie de 4.783 metros cadrados

Sanxenxo, 12 de xuño de 2024.- Sanxenxo estreará nova unha fachada marítima. Será este venres, 14 de xuño, cando está previsto que conclúa a plataforma única coa colocación de 144.000 lastros azuis. Un traballo realizado nun total de 9 días no que, un equipo formado por 8 persoas, en exclusiva, encargáronse da instalación peza a peza nunha superficie de 4.783 metros cadrados.

A empresa adxudicataria, Construcións Castro Figueiro, mobilizou a un total de 50 traballadores que en dúas quendas encargáronse de realizar a obra en Avenida do Porto, Paseo de Silgar e Rúa Madrid. Aínda que os traballos previos como o fresado e as canalizacións comezaron antes, a instalación das pezas, de 9 quilogramos cada unha, iniciouse o pasado mércores, 5 de xuño.

O alcalde, Telmo Martín, lamenta as molestias ocasionadas polas obras e agradece a comprensión, "está a merecer a pena", asegura. O vindeiro sábado, recuperarase o tráfico rodado habitual, cunha excepcionalidade, no tráfico pesado. Os camións de máis de 3,5 toneladas que queiran acceder a esta zona pola plataforma única deberán solicitar permiso na Policía Local.

O obxectivo da actuación é mellorar a seguridade viaria e afianzar a prioridade peonil que se puxo en marcha no Paseo de Silgar, a Rúa Madrid e a Avenida do Porto co pintado do viario. Así, no mesmo espazo convivirán peóns e vehículos, pero nunha zona de tráfico acougado.

Ademais das instalacións de saneamento, melloráronse as instalacións lumínicas, renovando farois e cambiando luminarias por outras máis eficientes e, as do tramo de Rúa de Madrid até a intersección coa Rúa Cesteiros, por outras de tecnoloxía led.

0
0
0
s2sdefault