Concello de Sanxenxo - O CONCELLO HABILITA CATRO ZONAS DE CARGA E DESCARGA NO CENTRO DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 17 de xuño de 2024.- O Concello, co obxectivo de regular e ordenar a entrada do tráfico pesado ao centro do municipio, habilitará catro zonas de carga e descarga no centro de Sanxenxo. Como norma xeral, realizaranse na Rúa Luis Vidal Rocha e Rúa Cesteiros.

O acceso para Rúa Cesteiros realizarase por Rúa Panadeira, Rúa Madrid, Rúa Cesteiros e saída por Rúa Progreso. O servizo nesta rúa poderase realizar na marxe dereita, de 7 a 21 horas (Carga, descarga e servizos ) e, na marxe esquerda, tramo superior, de 7 a 15 horas. O tramo inferior da marxe esquerda de Rúa Cesteiros será, única e exclusivamente para carga e descarga as 24 horas do día, laborables e festivos, e o estacionamieto estará prohibido.

O acceso para a Rúa Luis Vidal Rocha realizarase pola zona habitual e a saída realizarase por Paseo Silgar dirección Portonovo, incorporándose cara a Rúa Ourense. O horario de (carga, descarga e servizos) é de 7 a 21 horas todos os días da semana, incluído domingo e festivos.

Os vehículos de 3.500 quilos ou máis poderán descargar no Porto Deportivo, encima da Praza do Mar ou ao final do espigón, á altura do Real Club Náutico. Neste caso, terán horario de carga e descarga de 7 a 12 horas, a partir dese horario non poderán quedar en ambas as zonas ningún vehículo efectuando dita actividade. A Praza dos Barcos quedará totalmente libre de vehículos e só poderán acceder ao interior da mesma os autorizados (servizos municipais, garaxes, mariñeiros..).

Na plataforma única (Paseo Silgar, Avenida do Porto e Rúa de Madrid) só se permitirá a parada a todo tipo de vehículos que non excedan de 3.500 quilos, pero non se permitirá o estacionamento.

0
0
0
s2sdefault