Concello de Sanxenxo - O CONCELLO XA TEN PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN PARA A OBRA DO "MIRADOIRO DA PEIXEIRA" E O CAMPO DE SAN ROQUE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

"Misturas, obras e proxectos" foi a empresa gañadora do concurso público cunha oferta de 942.892 euros

Sanxenxo, 19 de xuño de 2024.- O Concello xa conta cunha proposta de adxudicación para a obra do "Miradoiro da Peixeira e a conexión co campo de San Roque" por 942.892,50 euros, o que supón un baixa respecto ao orzamento base de licitación de 47.645,27 euros. Ademais, amplía o prazo da garantía en tres anos, respecto ao mínimo legalmente esixido, resultando unha garantía de catro anos, e comprométese a executar a obra nun prazo de tres meses e medio.

A actuación suporá un cambio significativo no espazo, que abarca unha superficie total de 3.100 metros, e está incluída no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030), a través do cal a Deputación achegará o 80% do custo total, mentres que o Concello de Sanxenxo asumirá o 20% restante.

Recuperar a fachada marítima do emblemático miradoiro portonovés da Peixeira e humanizar a conexión co campo de San Roque son dous dos obxectivos da actuación. A intención é que a praza e a fronte marítima reconecten coa súa orixe. O proxecto contempla unha serie de plataformas, enlazadas mediante ramplas accesibles e escaleiras, que conectarán de forma directa a Praza de San Roque e a Avenida de Pontevedra. Tanto as vivendas como a parte alta do núcleo antigo de Portonovo veranse beneficiadas por unha accesibilidade universal e inclusiva.

O protagonismo do espazo será para o peón, polo que o tráfico rodado quedará relegado a un segundo plano mediante estratexias de acougado de tráfico, colocando badenes na entrada e saída da zona En o viario da Avenida de Pontevedra, o único con acceso rodado, limítase o paso do vehículo a un carril dunha soa dirección.

Dentro dos obxectivos do proxecto atópase a eliminación, na medida do posible, das barreiras arquitectónicas, visuais e ambientais, polo que se opta por desmantelar parte do gran muro de contención actual co fin de renaturalizar e descontaminar a fronte costeira e, en consecuencia, de mellorar paisajísticamente e funcionalmente a conexión do núcleo co mar. Para iso, ademais de demoler o muro e tratar de recuperar o territorio e paisaxe previa, incluiranse especies arbóreas autóctonas (piñeiro atlántico) e reutilizaranse os materiais de demolición para distintos elementos do mobiliario. En canto á iluminación actual substitúese por outro cunha proxección máis baixa, máis contida, totalmente integrada nos muros e varandas.

0
0
0
s2sdefault