Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ACONDICIONA O MIRADOIRO DE PUNTA CABICASTRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 20 de xuño de 2024.- O Concello atópase acondicionando o miradoiro de Punta Cabicastro. O proxecto busca definir o bordo do espazo natural para achegar seguridade e equipamento para o descanso dos visitantes.

Este bordo defínese mediante un muro construído con mampostería cuxa altura non supera en 50 centímetros a rasante do terreo. O seu trazado obedece tanto á configuración física do propio espazo como á tensión visual que define a mouteira xeográfica existente.

Trátase dun espazo natural que conta con Protección de Costas e paisaxística. Linda en todo o seu bordo exterior con chan de Dominio Público marítimo terrestre no que existe un cantil de aproximadamente 30 metros de altura. Bordeando o litoral neste ámbito atópase trazada a ruta do Pai Sarmiento, así como o Sendeiro do litoral Canelas-Punta Cabicastro

A actuación, financiada a cargo do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través do Plan Nacional de Sustentabilidade Turística en Destinos Xacobeos 2021, no marco do "Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia" financiado pola Unión Europea - Next Generation EU, ascende a 12.220 euros.

0
0
0
s2sdefault