Concello de Sanxenxo - O PROGRAMA MUNICIPAL SANXENXO CONCILIA ATENDERÁ A UNS 66 NENOS DURANTE OS MESES DE XULLO E AGOSTO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 34 familias acóllense ao servizo fiambrera que se pon en marcha, por primeira vez, este ano

Sanxenxo, 20 de xuño de 2024.- O programa municipal Sanxenxo Concilia atenderá a 66 nenos durante os meses de xullo e agosto. Un total de 34 familias acolleranse ao servizo de fiambrera que se pon, por primeira vez, en marcha e que permite a ampliación o horario de estancia. A actividade desenvolverase no colexio da Florida en horario de 8 a 15 horas, do 1 de xullo ao 30 de agosto.

O plan ponse en marcha para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar para nenos de entre 3 e 12 anos. O prezo será de 40,90 euros por quincena, 81,81 ao mes e 163,64 euros o programa completo. As modalidades de asistencia serán por quincena, mes ou programa completo. A entrada poderá realizarse entre as 8 e as 10 horas e a saída ás 13:30 e as 15 horas. Os nenos e nenas que utilicen o servizo de 14 a 15 horas deberán levar comida. 

Sanxenxo Concilia é un programa municipal que vén ampliar a oferta de campamentos e programas que realizan os distintos clubs e colectivos do municipio durante o verán para colaborar na conciliación das familias. A concentración nun mesmo espazo permite ampliar o horario e deseñar un programa de actividades con excursións e diferentes actividades. O programa conta con financiamento do Ministerio de Igualdade e da Consellería de Política Social.

0
0
0
s2sdefault