Concello de Sanxenxo - OS RESTAURANTES XERFA E O VASKO LOGRAN OS PRIMEIROS PREMIOS NO SANXENXO DEGUSTA TAPAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



O concelleiro de Turismo, Juan Deza, realizou a entrega dos diplomas esta mañá aos gañadores do concurso

Sanxenxo, 28 de xuño de 2024.- Os pratos "Sabe a Galicia", do restaurante Xerfa, e "Ravioli de Bacallau al pil pil", de O Vasko, lograron os primeiros premios na categoría Creativa e tradicional do XIII Sanxenxo Degusta Tapas. O concelleiro de Turismo, Juan Deza, realizou esta mañá a entrega dos diplomas aos gañadores na que os segundos premios recaeron tamén en ambos os restaurantes nas dúas categorías co "Tartar de Lagostino "de O Vasko e "O cocho da Avoa" do Restaurante Xerfa. As terceiras tapas mellor valoradas polo público foron a "Albóndiga de Merluza e gamba con lactonesa de alga" da Taberna de Rotilio e o "Fetuccine pirata" da Terraza do Mar.

A edición décimotercera do Sanxenxo Degusta Tapas volveu a ser un éxito de público con case 6.000 tapas servidas nos 23 locais participantes cun total de 40 tapas diferentes a un prezo de 3 euros. "Trátase dunha iniciativa na que a hostalería local implícase e iso nótase na calidade das súas tapas e dos produtos que se empregan e iso sempre é valorado polos clientes que as consomen", asegura Juan Deza.

Unhas boas cifras de consumo que se consigueron cos restaurantes participantes que foron A Fonte da Vella, Asador Aserradero, Bar A Lonxa Portonovo, Cervecería Azor, Gastro Bar Lá Cueva, Taberna de Rotilio, Arrocería Boca do Río, Asador O Forno, Castelao, Chiringuito Prado Bello, Hotel Riveiro, Mar do Pintor, O Vasko, Papá Pato, Restaurante Fidel, Restaurante Ollares da Ría, Taberna A Batea, Taberna Lilaina, O Risonsiño, Pepa A Loba, Restaurante O Pescador, Restaurante Xerfa, Taberna A Codia e Terraza do Mar.

Ademais, tamén se develaron os premios do público que consistiron en viaxes a Ons, estancias para dúas persoas, tickets para o Racing Dakart, visitas a adegas e comidas ou ceas nos distintos restaurantes.

PREMIADOS SANXENXO DEGUSTA TAPAS 2024

 

0
0
0
s2sdefault