Concello de Sanxenxo - SANXENXO IZA AS BANDEIRAS AZUIS NAS SUAS 17 PRAIAS E DÁ O PISTOLETAZO Á TEMPADA ESTIVAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, acompañado de Alfonso Martínez, do CETS e de Dulcinea Aguín, de Aviturga, levantaron o distintivo en Areas

Sanxenxo, 29 de xuño de 2023.- En Sanxenxo xa ondean desde hoxe as bandeiras azuis nas 17 praias galardoadas con este distintivo. O acto central do izado realizouse esta mañá na praia de Areas, un dos areais máis castigados polas inclemencias dos temporais que obrigaron a realizar unha importante actuación para recuperar a canle do río, protexer a duna e devolver o perfil orixinal á praia.

O alcalde, Telmo Martín, xunto aos concelleiros de Turismo, Juan Deza, e de Seguridade Cidadá e Emerxencias, Xoán Pérez, acompañados dos presidentes do CETS, Alfonso Martínez, e de Aviturga, Dulcinea Aguín, izaron a bandeira. Un acto simbólico que supón unha garantía tanto de seguridade como de calidade das augas no areal onde ondea a insignia azul.

Do mesmo xeito que Areas, as bandeiras ondean na Lapa, Agra, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, O Espiñeiro- A Lanzada, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira e Silgar. Do mesmo xeito que o servizo de scorrismo, nestas praias xa están operativos os baños e os lavapés.

Sanxenxo realiza cada ano un importante esforzo económico para poder manter estes distintivos de calidade e continuar sendo o municipio de España con máis bandeiras azuis. Ao redor de 1,2 millóns de investimento nos areais que reverte no sector turístico principal motor económico do municipio. "O de hoxe é un acto moi importante e enmarca ou inicio da tempada estival. Son moitos os implicados na consecución destes distintivos dende o servizo de limpeza ata os socorristas", asegurou o alcalde.

Un ano máis e como xa vén sendo habitual desde a pandemia, os baños limparanse cada hora e media, así como a supervisión do material en cada un deles. Ademais, haberá dispoñible un teléfono para comunicar a través de whatssap calquera incidencia que detecten os usuarios.

0
0
0
s2sdefault