Concello de Sanxenxo - O MONUMENTO HOMENAXE AOS BARROSOS ESTREA NOVA UBICACIÓN NO REVEL FRONTE AO COLEXIO E O CAMPO DE FÚTBOL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O vilalongués e autor da obra, Manolo Fandiño, visitou a escultura acompañado do concelleiro, Yago Torres

 

Sanxenxo, 1 de julio de 2024.- Na parte alta do Revel, fronte ao colexio O Cruceiro e o campo de fútbol, xa loce o cruceiro homenaxe aos barrosos como se lles coñece popularmente aos veciños e veciñas de Vilalonga. A escultura que se atopaba na Praza Pública e que se retirou tras a remodelación foi reubicada neste novo espazo tras a súa limpeza e o acondicionamento do espazo. O conxunto escultórico foi visitado hai uns días polo seu autor Manolo Fandiño e o concelleiro da parroquia, Yago Torres.

As máis de 28 toneladas de pedra granito taladas é un auténtico símbolo da parroquia. Na parte baixa, nos laterais pódense apreciar as imaxes da Ría de Arousa coas fábricas telleiras ao fondo, un día de festa na Praza Pública e un verso homenaxe aos canteiros onde o autor firmou a obra. “Nunca antes se dixo, pero tamén é un recoñecemento ao empresario Epifanio Campo que tanto fixo por esta parroquia”, asegura Fandiño. As figuras dun barroso co sacho e unha barrosa coa cesta na cabeza, aos pes da cruz, lembran unha actividade que marcou varias xeracións de familias en Vilalonga. Tampouco faltan as referencias relixiosas coas imaxes da Virxe do Carme e dos seus patróns, San Pedro e Santo Tomé. “Foi un traballo de varios meses no que participaron varios canteiros, dous deles están agora en Londres e Estados Unidos traballando”, explica Fandiño.

O conxunto escultórico conta tamén cunha fonte que recibe a auga do manancial coñecido como Caramelo e dispón de catro puntos de iluminación no chan para que poida seguir lucindo durante as horas de pouca luz. “Gústame esta ubicación porque está enfronte do colexio O Cruceiro ao que eu fun de pequeno e no que estaba unha profesora, Milagros Guzmán, á que debo que sexa canteiro. Foi como a miña segunda nai”, asegura o autor da obra.

0
0
0
s2sdefault