Concello de Sanxenxo - A EXPEDICIÓN DA RUTA QUETZAL FAI PARADA EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



A concelleira de Educación, Nati Parada, recibiu aos 200 mozos e mozas que participan nesta aventura

Sanxenxo, 27 de xuño de 2024.- Douscentos xoves de entre 15 e 16 anos escollidos pola mellor nota media do curso en cada comunidade autónoma visitaron esta mañá Sanxenxo antes da súa saída ás Illas Cíes. A concelleira de Educación, Nati Parada, recibiulles na Praza do Mar onde lles deu a benvida e animoulles a seguir "loitando polos seus soños e esforzándose día a día". A nova edición da Ruta Quetzal iniciou a súa aventura por terras galegas o pasado domingo. En concreto, a expedición comezou en Vilanova de Arousa para seguir por Catoira, Valga e Pontecesures. Esta mañá chegaron en Sanxenxo desde onde partiron ás Illas Cíes e logo visitarán Baiona.

Posteriormente a aventura da Ruta Quetzal continuará en Portugal ata a súa capital, Lisboa, e, tras regresar a España a través de Estremadura, continuará por Castela e León para volver a Galicia desde O Cebreiro, a porta do Camiño Francés. Tamén coñecerán a Ribeira Sacra.

Tras trece días de expedición, Ruta Quetzal 2024 culminará a súa viaxe en Santiago de Compostela, punto neurálxico dun fenómeno relixioso, social, cultural e histórico que acaba de celebrar os 30 anos da súa declaración como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, e que en 2024 cumpre 20 anos de recibir o premio Príncipe de Asturias á Concordia: o Camiño de Santiago.

0
0
0
s2sdefault