Concello de Sanxenxo - A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA ABRE HOXE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os novos estudantes deberán esperar ao 2 de setembro para inscribirse no curso

Sanxenxo, 3 de xullo de 2024.- Desde hoxe e ata o 21 de xullo, os alumnos da Escola de Música Municipal de Sanxenxo poderán matricularse no novo curso. Antes de formalizar a matrícula deberá facerse o pago da mesma a través da OVT do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.ovt.gal/) na ligazón de Servizos dispoñibles sen certificado dixital >> en Autoliquidaciones (concepto: Taxa prestación servizos (matrícula Escola Música) ou presencialmente, solicitando o documento de pago na Concellaría de Educación no Pazo Emilia Pardo Bazán ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e realizando o pago en Abanca ou no Banco Sabadell. Unha vez feito o pago deberase formalizar a matrícula, preferiblemente por sede electrónica, ou de maneira presencial no rexistro do Concello.

O novo alumnado deberá esperar ao 2 de setembro para presentar a solicitude presencialmente no Pazo Emilia Pardo Bazán ou enviándoa ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Unha vez confirmada a aceptación do alumno deberase formalizar a matrícula e o pago.

No plan de estudos da Escola Municipal de Música hai ata 14 especialidades instrumentais diferentes (óboe, frauta, fagot, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, tuba/bombardino, violoncello, contrabaixo, guitarra, piano e percusión). Ademais de Iniciaciación Musical, Música e Movemento, Linguaxe Musical, Coro, entre outras.

0
0
0
s2sdefault