Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ABRE Á PARTICIPACIÓN A PROPOSICIÓN DE CANDIDATOS PARA A ELECCIÓN DAS CEBOLAS DE OURO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Desde mañá xoves e ata o 4 de agosto poderanse presentar as propostas para os premios, que se entregarán o 4 de setembro

Sanxenxo, 3 de xullo de 2024.- O Concello abre á participación cidadá, por primeira vez, a proposición de candidatos ás Cebolas de Ouro. Ata o 4 de agosto, calquera colectivo ou veciño particular do municipio poderá presentar a persoas ou entidades locais como candidatas á edición 2024 destes galardóns.

O próximo 4 de setembro e con motivo das festas patronais de Santa Rosalía, entregaranse os XLII Feira da Cebola. Estes galardóns anuais recoñecen a aquelas persoas e colectivos que, co seu esforzo e dedicación, influíron positivamente no desenvolvemento do municipio. Como cada edición establécense dúas categorías, unha para unha persoa, colectivo ou entidade do municipio e outra para fóra do municipio, pero vinculada dalgunha maneira a Sanxenxo.

A fase de propostas para que as veciñas e veciños poidan realizar os seus nomeamentos estará aberta desde mañá xoves ata o 4 de agosto na sede electrónica do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo e deberán contar cunha memoria xustificativa que destaque a traxectoria persoal e profesional do candidato.

O xurado estará formado polo alcalde que actuará de presidente e por varios vogais entre os que se atopará a concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, un representante de cada unha das parroquias, elixido as asociacións veciñais ou culturais, un membro do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo e un representante de Entretendas.

A concelleira de Cultura, Elena Torres, anima aos veciños e veciñas a facer a súa achega nesta acción que pon en valor o compromiso do Concello de Sanxenxo co o seu desenvolvemento social, cultural, deportivo e empresarial do municipio.

As bases poden consultarse na seguinte ligazón, https://bit.ly/BasesCebolaOuro2024.

Para máis información poden dirixirse á Concellaría de Cultura e Eventos a través do teléfono 986 727 936 ou do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

0
0
0
s2sdefault