Concello de Sanxenxo - O IX CERTAME DE PINTURA RÁPIDA "ARRA COMO ANTIGA PARROQUIA" REPARTIRÁ 4.600 EUROS EN PREMIOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Asociación San Cayetano de Arra e o Concello de Sanxenxo amplían a achega económica nesta edición

Sanxenxo, 4 de xullo de 2024.- O Certame de Pintura Rápida "Arra como antiga parroquia" aspira a seguir crecendo en número de participantes cun importante incremento económico dos premios na súa novena edición. Tras o éxito de anos anteriores, a cita que se celebrará o próximo 4 de agosto repartirá 4.600 euros. A Asociación San Cayetano de Arra e o Concello de Sanxenxo buscan así apoiar unha cita que atrae a un importante número de artistas en cada edición.

A inscrición é gratuíta e debe realizarse previamente no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou o mesmo día do certame no selado de lenzos en horario de 9 a 11 horas no Priorado de Arra. A organización obsequiará ás primeiras 70 inscricións participantes con avituallamiento. Non poderá participar no Certame o gañador do 1º Premio da edición anterior, que será convidado a formar parte do xurado.

Establécense tres categorías:

ADULTA. Desde os 17 anos.
1º Premio: 1200 €
2º Premio: 800 €
3º Premio: 600 €
4º Premio: 400 €
Catro accésits: 100 €

LOCAL
1º Premio Artista da Comarca: 600 €
2º Premio Artista da Comarca: 300 €
3º Premio Artista da Comarca: 150 €

INFANTIL
Ata 12 anos.
1º Premio: Vale 100 € | 2º Premio: Vale 50 €

De 13 a 16 anos.
1º Premio: Vale 200 € | 2º Premio: Vale 100 €

As vinte e cinco primeiras inscricións na modalidade infantil recibirán un bono gratuíto a escoller entre o Racing Dakart Sanxenxo ou o Aquapark Sanxenxo.

Os participantes poderán elixir calquera lugar da parroquia de Arra e a súa contorna. O estilo e a técnica son libres. O obxectivo é pór en valor a riqueza paisaxística e cultural da parroquia de Arra, polo que as obras deberán ser realizadas in situ. A organización facilitará un plano para que cada participante
comunique o lugar no que se atopa realizando a súa obra e así poder comprobar a evolución da mesma en calquera momento.

O material necesario para desenvolver a actividade correrá por conta de cada participante. Os soportes terán unha dimensión máxima de 100x81 cm, deberán ser a unha soa cor e sen texturas. As acuarelas deberán presentarse
en soporte ríxido.

As obras entregaranse sen asinar antes das 18 horas na Casa do Priorado de Arra e o fallo do xurado será inapelable e farase público xunto coa entrega dos premios o mesmo día 4 de agosto na Casa do Priorado de Arra ás 20:30 horas.

As obras premiadas pasarán a ser propiedade da Asociación Cultural San Cayetano de Arra. As obras non premiadas, así como os accésits, e o 3º Premio Artista da Comarca, previa tasación do autor/a, poderán ser adquiridas.

0
0
0
s2sdefault