Concello de Sanxenxo - O CONCELLO AUTOMATIZA O SISTEMA DE CLORACIÓN DA PISCINA E REPARA A PLANTA SOLAR TÉRMICA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O investimento municipal para estas melloras nas instalacións supera os 36.000 euros

Sanxenxo, 5 de xullo de 2024.- Automatizar a cloración da auga da piscina municipal e controlar en todo momento o bo funcionamento do sistema. Eses son os dous obxectivos que persegue a Concellaría de Deportes, Voluntariado e Mocidade, dirixida por Marcos Guisasola, cun investimento nas instalacións que superan os 36.000 euros. Unha vez posto en marcha o sistema, o persoal da piscina poderá coñecer en todo momento a través dunha aplicación os parámetros de calidade da auga e se hai algún tipo de alteración tanto na cloración como na temperatura. Para iso recibirán unha formación específica que lles permitirá detectar e actuar ante calquera avaría.

Ademais, encargouse a reparación da planta solar térmica formada por 60 paneis situados na parte alta do edificio e que permitirá xa durante este verán proporcionar auga quente ás duchas e mesmo ás piscinas sen necesidade de utilizar a caldeira.

As instalacións municipais contan con dúas piscinas, unha de natación e outra terapéutica ou infantil, 2 hidromasaxes e unha sauna finlandesa. No últimos catro anos investíronse en melloras preto de 200.000 euros cun novo sistema de impulsión de aire cunha bomba de calor, a renovación das maquinas do ximnasio, unha nova sauna e outras actuacións máis pequenas.

Sanxenxo mantén o horario tanto na piscina como no ximnasio durante os meses de xullo e agosto. De luns a venres, de 7:45 a 14:00 e de 16:00 a 23:00 horas. Os sábados, de 9:30-14:30 e os domingos, de 11:00 a 14:00 horas.

0
0
0
s2sdefault