Concello de Sanxenxo - AS CIFRAS DE PARO E AFILIADOS Á SEGURIDADE SOCIAL REFLICTEN O CRECEMENTO DA ACTIVIDADE TURISTICA NA PRIMAVERA.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo pechou o mes de xuño con 450 desempregados e unha taxa de paro do 5,67%


Sanxenxo 8 de xullo de 2024.- Sanxenxo reduciu o número de parados até as 450 persoas, a cifra máis baixa da súa historia. E conségueo, non en xullo ou agosto cando a actividade turística alcanzará a súa cenit, senón no mes de xuño. Ata agora o dato máis baixo de paro correspondía a xullo de 2007 (boom económico) e 2023 con 464 e 466 parados respectivamente.
A mellora das cifras de emprego e, por tanto, da actividade xa viñan reflectindo desde o inicio do ano, pero acentuáronse na primavera. Así en maio a taxa de paro foi do 6,63% conseguindo baixar, por primeira vez, do 7% antes do verán. Unha cifra que en xuño seguiu baixando até o 5,67%, a máis baixa da serie histórica. Tamén o número de afiliados á seguridade social ha marcado unha cifra marca nun mes de maio con 6.285 afiliados (xuño aínda non se publicou) fronte aos 6.200 do ano pasado.
Se a tendencia segue a evolución habitual de todos os anos, as cifras de paro e afiliados á seguridade social seguirán mellorando nos meses de xullo e agosto cando Sanxenxo concentra o maior número de visitantes e actividade económica.
A mellora das cifras de verán demostra a consolidación de Sanxenxo nos meses da primavera e o outono. Aínda hai marxe para superar estas cifras de emprego, porque como vén manifestando os últimos anos o CETS os seus asociados teñen problemas para contratar todo o persoal que necesitan.

0
0
0
s2sdefault