Concello de Sanxenxo - A AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO E AUGA DO RURAL ACELERASE NAS SETE PARROQUIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A concesionaria ten que dotar de saneamento e auga ás 426 vivendas do rural que carecen dalgún destes servizos.


Sanxenxo a 11 de xullo de 2024.- A concesionaria do servizo de saneamento e auga ten que realizar obras valoradas en 12 M€. Son tres bloques de actuacións, o máis importante e no que está centrado agora o goberno é a ampliación da rede de saneamento e auga do rural, das que xa se executaron 20 actuacións. Achegamos fotos dalgúns dos traballos realizados nas parroquias de Vilalonga (foto tubaxe moi profunda) e Dorrón (foto tubaxe longa e pouco profunda)
Obras realizadas:

  •  En Vilalonga, unha das parroquias nas que máis se avanzou coa ampliación da rede de saneamento e auga nos lugares de Altamira, Xuncablanca, Lagarei, Iglesiario e Lomba.
  • En Noalla polo momento actuouse nos lugares de Tombelo e Pontes e proximamente vaise a ampliar a rede de saneamento e auga na subida de Pontes.
  • En Dorrón dotouse de saneamento e auga aos lugares de Barreiro e Rexenxo, zonas nas que a rede se tivo que prolongar centos de metros pola gran distancia que hai entre as vivendas.
  • En Nantes prolongouse a rede de saneamento e auga nos lugares de Pazos, Casal e está previsto actuar proximamente entre a igrexa e o parque empresarial.
  • En Bordons levouse o saneamento ao lugar de Sear e trabállase na zona de Chan de Vila
  • En Padriñan ampliouse a rede de abastecemento de auga nos lugares de Reyes e Padriñan
  • En Adina ampliouse a rede de saneamento para dar servizo ás vivendas do lugar de Poleiros.

Todas as actuacións realizadas conclúen cun asfaltado de calidade e ben nivelado con respecto ao viario existente. Aínda que se tenta que as obras xeren as menos molestias sempre van provocar inconvenientes aos veciños da zona. E vai ter que ser así durante os próximos meses porque están previstas 50 actuacións a maiores da 20 xa realizadas. O obxectivo é que canto antes non haxa unha soa vivenda do rural sen saneamento e auga.

0
0
0
s2sdefault