Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ADXUDICA A MELLORA DO MIRADOIRO DA PEIXEIRA E A SÚA CONESIÓN CO CAMPO DE SAN ROQUE Á EMPRESA MISTURAS OBRAS E PROXECTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación consiste na ampliación do espazo peonil, a mellora da accesibilidade ao campo de San Roque e a renaturalización do bordo costeiro


Sanxenxo 12 de xullo de 2024.- A empresa adxudicataria realizará a obra por 942.892 €, o que significa unha redución de 47.645 € con respecto ao prezo de licitación. Ademais, amplía ata os catro anos o período de garantía e comprométese a realizar as obras en tres meses e medio, aínda que non se empezarán ata despois do verán. O 80% do financiamento do proxecto procede da Deputación de Pontevedra, o Concello achega o 20% restante.
A actuación abarca un espazo de 3.102 m2 desde o litoral de Portonovo ata o campo de San Roque. 2.177 m2 corresponden ao miradoiro actual e o viario e os 925 m2 restantes da subida ao campo de San Roque. O proxecto ten tres obxectivos:
1. A ampliación dun espazo de prioridade peonil que se suma ao miradoiro actual e que inclúe o viario que separa este de a subida ao campo de San Roque. Os vehículos poderán circular como até agora, pero a unha velocidade moi baixa e subordinados ás persoas, en liña co modelo da plataforma única de Silgar.

2. A mellora da subida ao campo de San Roque facilitase a accesibilidade de veciños e visitantes. Actualmente hai unha rampla recta e moi empinada que bota para atrás a familias con nenos, ás persoas maiores e con algunha dificultade de mobilidade. A actuación consiste en suavizar a subida, serpenteando o seu percorrido que contará con miradoiros a distintas alturas, bancos, varanda e arboledo de folla caduca que da sombra só nos meses de calor. A mellora tamén inclúe a instalación de nova iluminación que achegue seguridade e realce o espazo.

3. A renaturalización do bordo costeiro pretende recuperar o estado natural do litoral antes de que construíse o miradoiro. Para iso o proxecto contempla dous miradoiros contorna á estatua da Pexeira, a eliminación das barreiras arquitectónicas que suporá un realce paisaxístico da fronte costeira. A actuación mellorará a accesibilidade ás rocas e inclúe a plantación de piñeiro atlántico e outra vexetación autóctona.

En resumo, o proxecto supón a recuperación dun espazo urbano e costeiro que, actualmente xera moitos inconvenientes, e a súa transformación nun lugar amable e acolledor que os cidadáns gozasen a diario.

0
0
0
s2sdefault