Concello de Sanxenxo - FINALIZA A MELLORA DA ESTRADA DA ARNOSA A FALTA DO RETRANQUEO DOS POSTES DE ELECTRICIDADE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Unha obra orzada inicialmente en 265.000 €, pero que coas melloras necesitou finalmente un investimento de 405.000 €


Sanxenxo 14 de xullo de 2024.- A estrada da Arnosa en Vilalonga é un viario de 800 metros moi utilizado porque en ambos os lados viven numerosas familias. O seu estado era lamentable, moi estreita, sen espazo para os peóns, mal iluminada e sen canalizar as augas pluviais. En definitiva, un viario inseguro para persoas e vehículos.
A mellora permitiu o seu ensanche grazas ás cesións que fixeron 30 familias que viven en ambos os lados do viario e ás que, unha vez máis, o goberno quere agradecer a súa colaboración, sen a cal o viario non podería ser ensanchado e mellorado.


Os primeiros traballos consistiron na canalización das augas pluviais e a ampliación do viario nos espazos cedidos polas familias. O resultado é unha estrada que dobrou o seu ancho medio até os 11 metros. O que permitiu crear unha senda para os peóns que oscila entre os dous e tres metros ao longo do viario, un carril en cada sentido de 3,5 de metros de ancho e unha beiravía de 1 metro. Para reforzar a seguridade viaria pintáronse varios pasos de peóns e estableceuse unha velocidade máxima de 30 km/hora. Ademais, colocáronse 6 novos farois nun tramo de 140 metros onde a iluminación era deficiente.


A mellora está pendente de que Unión Fenosa retranque varios postes da luz como se pode comprobar na foto que achegamos, especialmente dúas que estorban moito. Pedimos desculpas aos veciños, pero ao tratarse de postes con corrente eléctrica ten que ser a empresa de electricidade a que se encargue da súa retranqueo. Se non fóra así xa estaría feito.

0
0
0
s2sdefault