Concello de Sanxenxo - SANXENXO AUMENTA A OFERTA DE APARCADOIRO CON 60 NOVAS PRAZAS EN BALTAR, PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Súmanse ás 300 prazas creadas este ano no parque empresarial e conectadas con Portonovo e Sanxenxo mediante un bus lanzadeira.


Sanxenxo, 14 de xullo 2024.- Unha parcela de case 2000 m2 a 30 metros da rotonda de Baltar (achegamos plano) permitirá o aparcadoiro de 60 coches que se suman ás 300 prazas creadas este ano no parque empresarial e conectadas coas vilas mediante un servizo de bus lanzadeira. 
Para optimizar as prazas de aparcadoiro nas vilas de Sanxenxo e Portonovo o goberno decidiu hai uns anos establecer unha zona azul gratuíta en xullo e agosto, que limita o estacionamento nalgunhas rúas a un máximo de dúas horas ou 30 minutos en zonas e horarios de carga e descarga.
A zona azul fomenta a rotación de vehículos de maneira que unha mesma praza de aparcadoiro poida ser utilizada por un mínimo de 7 coches/día. O parking do porto deportivo ofrece datos moi interesantes respecto diso. Por exemplo, en xuño, a pesar de que a obra da plataforma única reduciu o número de vehículos, aparcaron un total de 9.959 coches o que supuxo unha rotación de 7 coches por día e praza utilizada.
A maiores o goberno xestionou nas vilas de Sanxenxo e Portonovo 1.795 prazas de aparcadoiro. Unha rotación baixa, por exemplo, 4 coches por día, facilita o estacionamento de 7.187 vehículos nos seguintes espazos:

  - Sanxenxo

  •  2 parcelas na avenida de Vigo 235 prazas
  •  Parking mercado Sanxenxo 72 prazas
  •  Parking xunto igrexa Sanxenxo 153 prazas
  •  Parking xunto a EIM O Tombo 240 prazas

  - Portonovo

  •  Parcela enfronte mercado de Portonovo 205 prazas
  •  Parking A Perla asfaltado e pintado 200 prazas
  •  Parking varadoiro 80 prazas
  •  Contorna piscina e campos de futbol 250 prazas
  •  Novo parking de Baltar 60 prazas

Parque empresarial con bus lanzadeira 300 prazas

0
0
0
s2sdefault