Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PON EN VALOR A SENDA DOS CARBALLOS DE ALDARIZ COA REFORMA E ILUMINACIÓN DA PASARELA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación, subvencionada por Turismo de Galicia a través dos fondos Next Generation, está valorada en 96.800 euros

Sanxenxo, 16 de xullo de 2024.- O Concello de Sanxenxo pon en valor a senda dos Carballos de Aldariz, única ruta interior co distintivo Sendeiro Azul, coa rehabilitación e iluminación da pasarela. A actuación, subvencionada por Turismo de Galicia a través dos fondos Next Generation, está valorada en 96.800 euros.

Con este proxecto perséguese a mellora e recuperación da estrutura, coa substitución do tableado e varanda que presentaban importantes deficiencias polo paso do tempo e as condicións climatolóxicas, así como un control da masa forestal nas marxes da pasarela.

O trazado da pasarela segue un itinerario de ida e volta que ten o seu inicio no núcleo de Outeiro, pasa por un lavadoiro, segue ata un muíño e remata na parte posterior deste onde existe un estanque de evacuación do caudal de auga. Aínda que a pasarela ten un ancho uniforme de dous metros, no inicio ten un sobreancho que se aproxima aos 4 metros.

Esta ruta é a única senda do interior co distintivo de Sendeiro Azul.

A Ruta dos Carballos de Aldariz discorre pola zona máis alta de Bordóns, partindo da parroquia de Padriñán, concretamente do lugar de Aldariz. Trátase dunha ruta circular de 6.300 metros e a duración media para percorrelo é de hora e media cunha dificultade media, xa que a altitude mínima é de 72 metros e a máxima, de 234 metros.

Os puntos de interese que atravesa este carreiro son a aldea de Aldariz, o Con da Ventureira, Chan da Gorita, Carballeira de Leirana e o núcleo de Bordóns cos muíños de auga e a igrexa parroquial.

Este sendeiro conta con paneis informativos que dividen en dúas partes a ruta para dar a oportunidade de facela en dous tramos.

0
0
0
s2sdefault