Concello de Sanxenxo - A PRAIA DE BALTAR VOLVE A CONVERTERSE EN EPICENTRO DEPORTIVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Máis de 300 persoas pasarán polas pistas do areal este verán

Sanxenxo, 17 de xullo de 2024.- Desde este fin de semana e ata o próximo 25 de agosto, a praia de Baltar converterase en epicentro do deporte amateur e profesional nas disciplinas de vóley, fútbol, futevolei e tenis. O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, presentou esta mañá a programación xunto ao organizador de Verán Deportivo, Guillermo Janeiro.

A actividade dará comezo este sábado co campionato galego de vóley praia federado nas categorías masculina e feminina. O domingo dará paso ao vóley praia amateur nas categorías feminina, masculina e mixta. O 27 de xullo, a praia de Baltar acollerá o campionato de futevolei.

A programación ten tamén oco para os máis novos, de 9 a 16 anos. O 27 celebrarase un campionato de futevolei de categoría kids (9-16 anos); o 28 de xullo celebrarase un campionato de vóley en categorías infantil e cadete e o 27 e 28 de xullo, un campionato de fútbol nas categorías sub10 e sub12.

Xa en agosto, o día 3, o areal servirá como escenario dun campionato de futevolei. O 24 e 25 de agosto celebrarase un torneo de tenis praia federado en categorías masculina e feminina e o 25, de tenis praia amateur en categoría masculina e feminina.

O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, destacou o "bo ambiente" durante todas as modalidades e a posta en valor dun areal que se converte en "epicentro dos deportes estivais".

"Trátase de fomentar o deporte e hábitos de vida saudable fomentando a práctica do deporte nunha praia con perfectas condicións para facelo. Xa son máis de dez anos realizando aquí en Sanxenxo o Verán deportivo en colaboración co Concello de Sanxenxo", asegura Guillermo Janeiro.

0
0
0
s2sdefault