Concello de Sanxenxo - ESPIÑA & DELFÍN INICIOU ESTA MAÑÁ AS OBRAS DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO EN CHANDEVILA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación, incluída dentro das obras do novo contrato da auga, está valorada en 94.121 euros

Sanxenxo, 17 de xullo de 2024.- A empresa concesionaria Espiña & Delfín iniciou esta mañá as obras de saneamento e abastecemento en Chandevila (Bordóns). A actuación valorada en 94.121 euros inclúe 290 metros de tubaxe de abastecemento e 656 metros, de saneamento. A actuación entronca coa realizada na zona de O Sear hai xa uns meses e valorada en 70.736 euros.

Ambas as actuacións inclúense dentro das obras valoradas en doce millóns de euros que debe realizar a concesionaria do servizo da auga tras o novo contrato. Ata o momento executou 20 proxectos de ampliación da rede de saneamento e auga do rural. Así, traballouse xa en Vilalonga, nos lugares de Altamira, Xuncablanca, Lagarei, Iglesiario e Lomba. En Noalla, en Tombelo e Pontes e proximamente vaise a ampliar a rede de saneamento e auga na subida de Pontes. En Dorrón dotouse destas redes a Barreiro e Rexenxo e en Nantes traballouse en Pazos, Casal e está previsto actuar proximamente entre a igrexa e o parque empresarial. En Padriñan foi e Reis e Padriñan, e en Adina ampliouse a rede de saneamento en Poleiros.

0
0
0
s2sdefault