Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REALIZARÁ UNHA POSTA A PUNTO DOS COLEXIOS CON OBRAS DE MANTEMENTO ESTE VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


As actuacións previstas roldarán os 40.000 euros

Sanxenxo, 22 de xullo de 2024.- A Concellaría de Educación dirixida por Nati Parada iniciará nos próximos días, como cada ano, as obras de mantemento e reforma nos centros escolares do municipio. Unhas actuacións que roldan os 40.000 euros e nas que traballarán persoal municipal de Mantemento e Servizos, así como empresas externas, aproveitando o parón estival das clases.

O obxectivo das obras é o de mellorar as condicións de todos estes centros tanto como para o alumnado como para os docentes do próximo curso escolar en base ás necesidades expostas polos equipos directivos en cada colexio.
Entre os traballos previstos atópase o acondicionamento de seis aulas da planta baixa, e ampliar a arqueta da recollida de pluviais no colexio de Portonovo; melloras nos baños do CEIP Magaláns; a reposición da cancilla, a colocación dun canlón no patio de infantil e o pintado do muro perimetral no colexio de Nantes; a posta a punto da instalación eléctrica da aula de informática no da Florida.

En O Telleiro o acondicionamento da saída de emerxencia, reposición do canlón do pavillón, así como o tapiado e acondicionamento da parede sur que filtra humidade para os baños e o cambio de teito nas casetas de xardinaría. Na Escola Unitaria de Aios está previsto o cambio de chan tras o acondicionamento dunha nova aula cedida para o seu uso por parte da Asociación Os Raposos de Aios.

A estas actuacións hai que engadir a inspección dos depósitos de gasoil e das alarmas en todos os centros educativos.

0
0
0
s2sdefault