Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO CONCLÚE A AMPLIACIÓN DO PUNTO LIMPO E RECIBE 16 NOVOS COLECTORES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Medio Ambiente, Yago Torres, visitou esta mañá as instalacións municipais

Sanxenxo, 31 de xullo de 2024.- O Concello de Sanxenxo xa dispón dunha nova nave para o almacenamento de residuos no Punto Limpo, así como de 16 novos colectores, catro deles de grandes dimensións para residuos voluminosos, e o resto, para instalar en distintos puntos do municipio para a recollida selectiva. O concelleiro de Medio Ambiente, Yago Torres, visitou a nova instalación que conta unha superficie de 144 metros cadrados, cuberta a unha auga, estrutura metálica, con material de cubrición e dous laterais de chapa nervada sinxela. O investimento, que inclúe tamén un computador para facilitar e mellorar o control dos residuos, rolda os 160.000 euros e financiarase con fondos propios e unha subvención europea do Plan de Recuperación Next Generation.

A actuación conta con materiais e equipos que contan coa categoría de verde ou ecolóxica acordes cos obxectivos ambientais relacionados co cambio climático, a utilización dos recursos e a produción e o consumo sustentables. Ademais, os colectores están adaptados a persoas con déficit de visión para que poidan realizar a separación de residuos. O novo modelo de recipientes leva encostada na parte dereita do seu frontal, unha placa informativa cunha inscrición en braille.

A parcela dispón na actualidade dunha superficie aproximada, de 14.913,77 metros cadrados, dispón no seu interior dunha zona con colectores para depósito de residuos, unha caseta de control e zonas para almacenamento ao aire libre de colectores.

Todos os veciños con domicilio no municipio de Sanxenxo, que faciliten os seus datos na recepción, poderán utilizar gratis o Punto Limpo. O horario é de martes a venres de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas, e os sábados de 10 a 13:30 horas.

0
0
0
s2sdefault