Concello de Sanxenxo - A XUNTA REFORZA O IMPULSO Á COMERCIALIZACIÓN DA MARCA ARTESANÍA DE GALICIA A TRAVÉS DUNHA TENDA EFÉMERA ABERTA EN SANXENXO DURANTE O VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou onte tarde a tenda pop up froito da colaboración de Artesanía de Galicia coa marca galega de moda D-due

― Trátase do cuarto ano consecutivo no que se leva a cabo esta iniciativa colaborativa, coa que se busca amosar unha escolma do talento artesán galego, do feito á man e da alta calidade da moda
― En concreto, na Summer Shop Artesanía de Galicia & D-Duepódense atopar pezas de 28obradoiros artesanais galegos especializados en olería, madeira, cerámica, coitelos, cestería tradicional ou téxtil, entre outros
― A tenda permaneceráaberta ata final de agosto na rúa Luis Vidal Rocha nº 6, en horario de 10,30 a 14,30h. e de 16,30 a 20,30h.

Sanxenxo (Pontevedra)1 de agosto de 2024.-O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron onte a Summer Shop Artesanía de Galicia & D-Duea iniciativa colaborativaentre Artesanía de Galicia e a marca de moda galega D-due. Trátase dunha tenda pop up, efémera, que continuará aberta este mes de agosto na rúa Luis Vidal Rocha nº 6 e que dará mostra do bo facer dun total de 28 obradoiros artesáns, con ata 17 oficios diferentes representados

O conselleiro destacou que é o cuarto ano consecutivo no que a Xunta colabora nestainiciativa coa que se busca amosar unha escolma do talento artesán galego, do feito á man e da alta calidade da moda, vinculada a unha empresa téxtil con proxección internacional como é D-dueNa edición deste ano pódense atopar pezas de 28 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados en olería tradicional, madeira, cerámica, cestería e labores de palla, xoiería, coiro, elaboración e reparación de redes, tecido, bordado, coitelos, elaboración de figuras con miga de pan (sanandresiños), gravado, encaixe, bixutería, elaboración de complementos e xoiería en vidro. 

En concreto, os obradoiros dos que se poden mercar pezas aínda durante este mes de agostoen Sanxenxo son Alberto Lista e Alfarería Rulo, de Buño (Malpica de Bergantiños); Rectoral de Gundivós (Sober); os obradoiros da Coruña Arobe Cerámica, Artefíos, Víctor Ares, Susana Antae D-Raíz; os da Estrada,Druída e Atalanta Madera; os obradoiros composteláns Variopinto, Laura Triñanes e Contraform; Jorge Bellón (Cedeira); Redeiras artesás, de Corme (Ponteceso); Armaior (Quiroga); Concha Canoura (Culleredo); Celso Ferreiro (A Fonsagrada); Laura Delgado (Cambre);  os profesionais de Vigo A Casa Rodante e Antonio Suárez;Fundación Terra Termarum Castrolandín (Cuntis); Raposiñas (A Pobra do Caramiñal); Olería do Batán (Baños de Molgas); Santiago Besteiro (Monterroso); Gaia Cerámica (Gondomar); Rosa Méndez (Teo) e M. Isabel Liñares Recimil (Silleda). 

Apoio á artesanía galega

O titular de Emprego lembrou que Artesanía de Galicia representa os profesionais do sector artesán galego, avalando os seus produtos e achegando a tradición e a vangarda de materiais, deseño e novos xeitos de interacción comercial ao público. Nesa liña, con iniciativas como a pop upde Sanxenxo anímase a confiar na artesanía de proximidade, na economía circular, no talento artesán galego, no feito en Galicia e na calidade.

José González enmarcou o apoio a esta tenda efémera nas medidas que vén consolidando a Xunta a prol da artesanía galega, con máis de 25 millóns de euros de investimento entre 2009 e 2023 e con accións este ano como a orde de axudas para o fomento da comercialización da artesanía (265.000 euros) ou a xa resolta para a transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial e artesanal, con 72 obradoiros beneficiarios dun total superior aos 216.000 euros.

Tamén aludiu, entre outros, ao programa único en EspañaAprender da tradición. Oficios e técnicaspara garantir a remuda xeracional no sector conaccións de formación continua

D-due

D-due é unha empresa téxtil de Rianxo con orixe no ano 1960 que está dirixida por Charo Froján e Alfredo Olmedo desde a década dos 90 e que ten amosado as súas creacións nas principais semanas internacionais da moda, ademais de ter presenza nunha ampla variedade depuntos de vendade Xapón, Italia, Francia ou Corea do Sur.

En 2016, Artesanía de Galicia viaxou a Xapón da man de D-due para amosar o traballo de obradoiros artesáns, favorecendo a entrada do sector artesán galego neste mercado a través de HP France,con case un cento de establecementos neste país.Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. 

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

0
0
0
s2sdefault