Concello de Sanxenxo - A PRAZA PASCUAL VEIGA ACOLLE UN MERCADO ARTESANAL SOLIDARIO A FAVOR DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O 50% da recadación coas vendas irá destinado á investigación da enfermidade

Sanxenxo, 9 de agosto de 2024.- A concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, visitou esta mañá o mercadillo artesanal solidario instalado na Praza de Pascual Veiga acompañada da presidenta do colectivo, Meli Rodríguez. O 50% da recadación por cada venda irá destinado á Asociación Española contra o Cancro para a investigación da enfermidade.

No mercadillo participan coñecidas marcas e nomes como Andrea Area Estudo Creativo, Leonlagata Jewellery , Ana Aguín Design, As Mozas do Vinilo, Lola e Greta with Love, , Aura Noctis, Serigrafía Meu e Gavico. Os postos permaneceron ata o mediodía cunha gran resposta de público.

Ao longo do ano a Asociación Contra o Cancro de Sanxenxo realiza numerosas actividades e ten actualmente en vigor un convenio co Obradoiro de Hostalería do Salnés "Mañás de Terraceo". Esta é unha xornada de portas abertas para todo o mundo que queira probar os produtos que realizan os alumnos. Este almorzo só pide un donativo solidario para AECC.

0
0
0
s2sdefault