Os interesados en participar na proba deben inscribirse en https://gl.deporticket.com/web-evento/10287-xxiv-milla-vila-de-sanxenxo
Sanxenxo, 9 de agosto de 2024.- A XXlV Milla Vila de Sanxenxo sairá, por primeira vez, da Praza dos Barcos para percorrer desde 400 a 1.609 metros do Paseo de Silgar dependendo da categoría. Non será o único cambio desta edición que amplía a tres as categorías de veteranos.
Os interesados en participar na proba deben inscribirse en https://gl.deporticket.com/web-evento/10287-xxiv-milla-vila-de-sanxenxo antes do 30 de agosto. Cada corredor recibirá unha camiseta e o diñeiro recadado será destinado á Asociación Neen@s Sanxenxo que presta atención a familias con nenos que teñen necesidades especiais de apoio educativo.
Co obxectivo de profundar no carácter lúdico-deportivo da proba, elimínase a categoría Elite. Repartiranse trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría e todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa da cita.
A orde de saída das probas, desde as 12 ás 13 horas, será o seguinte: Prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, junior, afeccionados e veteranos (A, B e C).