Concello de Sanxenxo - AS OFICINAS DE TURISMO DE SANXENXO E PORTONOVO RECIBIRON 1.974 VISITANTES NO MES DE XULLO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Acudiron aos puntos de información persoas de 16 comunidades españolas e de 16 países diferentes

Sanxenxo, 9 de agosto de 2024.- Un total de 1.974 visitantes acudiron ás oficinas de Sanxenxo e Portonovo durante o mes de xullo. A maioría procedentes do territorio nacional ,1.768, fronte aos 206 procedentes de ata 16 países diferentes. Portugal, Francia, Reino Unido e Alemaña encabezan a listaxe no que tamén se rexistran turistas de Nova Zelandia, Irlanda, Brasil, Arxentina, Rusia, Perú ou Venezuela, entre outros. A nivel nacional, o grupo de visitantes máis numeroso que acudiu ás oficinas en busca de información procedían de Madrid (507), Castela e León (298), País Vasco (218) e Galicia (178), entre outros.

En canto ao perfil, o 45,29% teñen entre 35 e 60 anos, os maiores de 60 anos supoñen o 25,23%, os menos de 18, 16,51%, e entre 18 e 35 anos, o 12,97%. Respecto ao tipo aloxamento elixido, o 42,37% optaron por un hotel; o 35,59% por un apartamento e o 6,16%, por un cámping. O período de estancia máis numeroso entre os visitantes foi de 7 a 10 días, 43,30% e o seguinte, o 33,44%, entre 3 e 6 días. A información máis demandada foi sobre que visitar, viaxes a illas e rutas de sendeirismo, así como planos para moverse polo municipio.

En canto aos datos de facturación do parking de Nauta durante o pasado mes, recadáronse 159.634 euros cunha media de rotación no interior de 751 vehículos e no exterior, de 139 coches ao día. A recadación incrementouse un 18% respecto da de xullo do ano pasado.

As instalacións do aparcadoiro de Nauta, situado na entrada do porto deportivo, dispoñen de 584 prazas. Estas distribúense en tres espazos diferenciados: 206 prazas na planta pública interior; 178 no parking privado que existe no mesmo recinto; e outras 200 no aparcadoiro en superficie na Praza do Mar e ao que se accede desde a rotonda de Silgar.

0
0
0
s2sdefault