Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REFORZA A IMPERMEABILIZACIÓN DO PAVILLÓN DE VILALONGA NO EXTERIOR CUN MURO E UNHA SOLEIRA DE FORMIGÓN PERIMETRAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O edificio municipal será revestido con chapa metálica para mellorar o seu illamento térmico


Sanxenxo, 20 de agosto de 2024.- O Concello reforza a impermeabilización do pavillón de Vilalonga no exterior coa construción dun muro e unha soleira de formigón perimetral de case cinco metros que axudará a illar ao edificio de humidades. Tras concluír a reforma integral interior, os traballos concéntranse no exterior onde tamén está previsto o revestimento do edificio con chapa metálica para mellorar o seu illamento térmico.


A actuación interior centrouse substitución do chan por un de madeira similar ao instalado no pavillón de Baltar, o cambio da iluminación por un tipo led, o pintado e mellora de todos os espazos interiores, incluída a ampliación do ximnasio. Ademais, habilitouse un vestiario para árbitros.
Todas as portas dos vestiarios e accesos aos aseos foron substituídas por outras de aluminio cunha maior resistencia ao desgaste e á humidade. Na zona de xogo, o núcleo de escaleiras e o ximnasio volverase a pintar tras quitar a pintura antiga. Á súa vez tamén se pavimentará o núcleo de escaleiras e o ximnasio situado baixo a bancada.


Cabe lembrar que o ximnasio carecía dunha ventilación adecuada, polo que se instalou un sistema que asegura a renovación do aire, e séguense as recomendacións de mantemento para sistemas de climatización e ventilación presentes en edificios e locais.
A actuación que supera os 250.000 euros acométese a través dun convenio asinado coa Xunta de Galicia a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

0
0
0
s2sdefault