Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PECHARÁ A PISCINA MUNICIPAL DO 1 AO 15 DE SETEMBRO PARA FACER UNHA POSTA A PUNTO DA INSTALACIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 21 de agosto de 2024.- A piscina municipal situada en Baltar pechará as súas portas do 1 ao 15 de setembro. O Concello vai realizar unha posta a punto das instalacións para ofrecer o servizo nas mellores condicións posibles. Así, realizarase o cambio de iluminación a led que unido á posta en marcha da planta solar térmica permitirá contar cun edificio máis sustentable energéticamente.


Tamén está prevista a limpeza de xuntas, o revestimento e o rejuntado da piscina pequena con resina. Substituiranse as placas de falso teito e realizarase o tapado de gretas e revisaranse os selados. Para mellorar o illamento revestirase o frontal das vigas da cuberta con cobre encartado e substituiranse os filtros da deshumectadora. Instalaranse válvulas mesturadoras termostáticas en vestiarios e substituiranse as abrazaderas e fixacións deterioradas.


Ademais de todo isto, realizaranse labores de limpeza e desinfección dos vasos e en xeral de toda a instalación. Así como a posta a piques dos valores de ph e cloro para o seu funcionamento normal.
O Concello de Sanxenxo mantén o horario habitual, tanto na piscina como no ximnasio, durante os meses de xullo e agosto. De luns a venres, de 7.45 a 14 horas e de 17 a 23 horas. Os sábados, de 9:30 a 14:30 e os domingos, de 11 a 14 horas.
Cabe lembrar que recentemente se automatizó a cloración e o funcionamento do sistema para que a calidade da auga e a temperatura poidan ser controladas a través dunha aplicación.

0
0
0
s2sdefault