Concello de Sanxenxo - A ASOCIACIÓN FOTOGRÁFICA OLLARES DE PORTONOVO RECIBIRÁ O PREMIO SANXENXO NA HISTORIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As xornadas terán lugar os días 28, 29 e 30 de agosto na Sala Nauta, situada no Porto Juan Carlos I

Sanxenxo, 23 de agosto de 2024.- A Asociación Fotográfica Ollares de Portonovo recibirá o próximo 30 de agosto no marco da XV Xornadas Sanxenxo na Historia o premio que da nome á cita. Así o anunciou esta mañá, o alcalde, Telmo Martín, que deu a coñecer o fallo do xurado durante a presentación das xornadas, no Real Club Náutico de Sanxenxo, na que que estivo acompañado da concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, o presidente de Aelos, Marcelino Agís, e a secretaria do colectivo, Anxos Marcos. "Polo seu traballo para promocionar, potenciar a fotografía como feito cultural e social que atesoura valores históricos e identitarios do noso municipio, así como todas as actividades realizadas ao longo do ano e as colaboración cos distintos colectivos do municipio", destacou o alcalde durante a lectura da acta do colectivo premiado.

O alcalde destacou tamén o traballo realizado ao longo deste quince anos pola Asociación de Estudos Locais (Aelos) para mostrar a historia e as tradicións do municipio. "Quero agradecer de forma especial a Marcelino Agís que agora deixará de estar ao fronte todo o traballo realizado ao longo destes anos", dixo.

Durante a primeira xornada, día 28, tratarase nunha mesa redonda "Patrimonio histórico artístico: os priorados de Sanxenxo" con Henrique Neira e "O modernismo na bisbarra de Sanxenxo" con Rafael Fontoira. Tras os relatorios haberá un coloquio.
A segunda xornada, día 29, abordará o tema "Viaxeiros e aventureiros polo océano" cos relatorios "Cristóbal Colón e Sanxenxo" con Eduardo Esteban Meruéndano e "O Camiño de Santiago desde a Antártida" con José Ricardo Gato.

O peche das xornadas, día 30, a mesa versará sobre o patrimonio fotográfico con "Historia da Fotografía de Sanxenxo" con Victoriano Otero e "Os fotógrafos Torres e Olimpo" con Luis Dobarro. Tras o coloquio, ás 21:30 horas, terá lugar a entrega do premio "Sanxenxo na Historia".
No mes de outubro recompilaranse todos estas mesas nun novo libro que será xa o oitavo da saga das xornadas de Sanxenxo na Historia: "Mesmo máis importante que as charlas é moi importante que toda esta información apareza recompilada nun libro", explicou Marcelino Agís.

0
0
0
s2sdefault