Concello de Sanxenxo - SANXENXO NA HISTORIA INAUGURA HOXE AS SÚAS XV XORNADAS NA SALA NAUTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O arquitecto e directivo de Aelos, Rafael Fontoira, e o investigador da USC, Henrique M. Neira, participaron na mesa redonda

Sanxenxo, 28 de agosto de 2024.- Sanxenxo na Historia inaugura hoxe as súas XV xornadas na Sala Nauta, situada no porto Juan Carlos I, debido ás obras que se están realizando no Auditorio de Emilia Pardo Bazán. A actividade organizada pola Asociación de Estudos Locais de Sanxenxo, Aelos, en colaboración co Concello de Sanxenxo, contou  como relatores na xornada de hoxe co investigador da USC, Henrique M. Neira, cuxo relatorio versou sobre os priorados de Sanxenxo, froito dun traballo previo sobre autoridades monacales, mosteiros e conventos, e o arquitecto Rafael Fontoira que abordou "O modernismo na bisbarra de Sanxenxo". A charla coloquio posterior estivo moderada por Carmen Outón, directiva de Aelos.

A concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, asistiu a esta xornada inaugural acompañada da edil de Educación, Nati Parada, xunto ao presidente de Aelos, Marcelino Agís e outros membros do colectivo, así como un importante número de público asistente.
A segunda xornada, mañá, día 29, abordará o tema "Viaxeiros e aventureiros pola mar océano" cos relatorios "Cristóbal Colón e Sanxenxo" con Eduardo Esteban Meruéndano e "O Camiño de Santiago desde a Antártida" con José Ricardo Gato.
O peche das xornadas, día 30, a mesa versará sobre o patrimonio fotográfico con "Historia da Fotografía de Sanxenxo" con Victoriano Otero e "Os fotógrafos Torres e Olimpo? con LuIs Dobarro. Tras o coloquio, ás 21:30 horas, terá lugar a entrega do premio "Sanxenxo na Historia" que este ano se entregará á Asociación Fotográfica Ollares de Portonovo.

0
0
0
s2sdefault