Concello de Sanxenxo - OS SOCORRISTAS DE SANXENXO CONTABILIZARON 17.101 INTERVENCIÓNS EN PRAIAS DURANTE XUÑO, XULLO E AGOSTO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os servizos de socorrismo seguirán de maneira diaria nas praias de Areas, Silgar, Canelas e Montalvo ata o 15 de setembro

Sanxenxo, 6 de setembro de 2024.- O servizo de socorrismo de Sanxenxo contabilizou 17.101 intervencións en praias durante os meses de xuño, xullo e agosto con 1.425, 6.859 e 8.817 intervencións, respectivamente. Os socorristas continuarán de maneira diaria nas praias de Areas, Silgar, Canelas e Montalvo até o 15 de setembro e os fins de semana sumaranse os areais de Foxos e A Lanzada.

No balance de atencións, a pesar de ser moi numeroso, non se rexistra ningunha incidencia de gravidade. O maior número de intervencións foron en terra, con 13.710, por feridas (1.582) ou picaduras de faneca (1.451). Os avisos sobre incumprimentos da ordenanza de praias (2.895) e os avisos a bañistas (2.856) concentran tamén parte do cómputo global de incidencias. O servizo tamén realizou 12 rescates acuáticos, atendeu a bañistas por danos en oídos e ollos (134), por picaduras de insectos (178) e por golpes de calor (25).

A vixilancia por mar coas embarcacións que patrullan os areais de Sanxenxo contabiliza 3.391 intervencións durante o período citado. A que máis se repite no balance é o aviso por infraccións de embarcacións (2.105), seguida dos avisos a usuarios fóra da zona de baño (545) e por saltos desde lugares elevados (354). Tamén realizaron 25 rescates acuáticos e retiraron 99 elementos perigosos para a navegación.

En canto ás praias con maior número de incidencias, Silgar rexistra o maior número con 4.342, seguida de Baltar, 1.837, Canelas, 1.753, e Montalvo, 1.624.

0
0
0
s2sdefault